Dímelo en...

Entrevista Himno del Peregrino. DUM PATER FAMILIAS.

 

O ANO SANTO XACOBEO

CAMIÑO PORTUGUÉS

                           ENTREVISTA                        

 

1.     Bo día. Qué ides cantar?

2.    Imos cantar O Himno do Peregrino de Santiago máis antiguo que se conserva.

3.    Que é un peregrino?

4.    Un peregrino é unha persoa que camiña ata un lugar santo ou ata un santuario, por exemplo a catedral de Santiago.

5.    Onde está escrito este himno do peregrino que ides cantar?

6.    O Himno do Peregrino de Santiago que imos cantar está escrito nun manuscrito moi antigo que se coñece como Códice Calixtino.

7.    Onde se conservan os libros do Codex Calixtinus?

8.    Os libros escritos a man do Códice Calixtino consérvanse na biblioteca da Catedral de Santiago.

9.    Por que os libro do Códice Calixtino están na Catedral de Santiago?

10.  Porque  na Catedral de Santiago está enterrado o Apóstolo Santiago

11.   Quen era Santiago?

12.  Santiago era un amigo moi especial de Xesús, que quixo chegar ao fin da Terra para falar dun Reino de paz e amor.

13.  En que idioma ides cantar o himno do peregrino?

14.  Cantaraemos en latín, pois era a lingua máis utilizada na Idade Media.

15.  Como foi titulado o himno do Peregrino de Santiago?

16.  O himno do peregrino titúlase “DUM PATER FAMILIAS”

17.  E que significa “DUM PATER FAMILIAS”

18.  “DUM PATER FAMILIAS” significa “Cando Deus Pai”, porque é a primeira liña do cántico do himno do peregrino.

19.  Hai no himno algunha frase que se repita sempre, algún retrouso?

20. Sí, hai un retrouso. Repítese sempre “ULTREIA e SUSEIA”

21.  Que significa “ULTREIA e SUSEIA”?

22. “ULTREIA e SUSEIA” significa “ADELANTE e ARRIBA”. Este era o saúdo que se dicían os peregrinos uns aos outros cando se cruzaban no Camiño de Santiago.

23. Pois entón “ULTREIA e SUSEIA”. Ánimo, imos escoitar o cantar do Himno do Peregrino.